En Viveiro realizará a coordinación da limpeza do Río Landro a Asociación
PRATO_DO.
● Lugar: Rampla detrás Hotel Urban
● Horario: de 11:00 a 13:30h
● Inscripcións: iniciativapratodo@gmail.com / 617 461 723
Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza.
Recomendacións para as persoas voluntarias
Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
-Luvas (mellor que cada voluntario/a traia as súas da casa).
-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
-Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo (en cada grupo de 10 tres ou catro persoas
con bolsa).
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a
finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas
problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a
mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
A Asociación PRATO_DO traballa como axencia de innovación sostible. Entidade
sen ánimo de lucro que ten por obxecto mellorar a calidade de vida das persoas
promovendo a participación da cidadanía a través do desenvolvemento sostible definido nos #ODS da #Axenda2030. CREANDO ACCIÓNS DE CAMBIO POR UNHA VIDA MELLOR
PARA AS VINDEIRAS XERACIÓNS en ámbitos como #investigacion #educacion
#emprendemento #voluntariado #turismo.
E no ámbito do voluntariado ambiental realiza actividades tanto para entidades
públicas como empresas privadas, sendo parte da rede de Voluntariado Galego da Xunta de
Galicia. O curso 2021-2022 foi a encargada de coordinar a limpeza da praia de Covas entre varios centros educativos. Neste curso 2022-2023 continuará coa limpeza de ríos entre a comunidade educativa.