A Mariña, 12 de setembro de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia a caótica situación que está a vivirse hoxe no centro de saúde de Viveiro, onde dun total de dez facultativ@s en plantilla hoxe solo hai dúas médicas para un total de quince mil habitantes. Estas dúas facultativas solamente están a atender urxencias, e xa levan varias atendidas. A maiores deste caos asistencial,no que só están o vinte por cen da plantilla de facultativ@s, vimos de saber que unha caída na rede informática tamén está a impedir o normal funcionamento das outras categorías profesionais.
As dúas profesionais que hai, a maiores da actividade ordinaria e urxente de Viveiro teñen que atender ás persoas desprazadas e pacientes de Ourol e Vicedo, onde tamén hai serias deficiencias.
O CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS ATÓPASE DESDE HAI DÍAS CUNHA SOA MÉDICA DE TRES
Similar situaciôn ven dándose desde hai días en Barreiros, onde unha soa profesional está a atender a tres mil habitantes máis as numerosas persoas desprazadas que aínda hai. Esta profesional está a atender, a maiores do cupo d@s tres facultativ@s, as urxencias, domicilios e ás persoas desplazadas, polo que a sobrecarga de traballo é inadmisible aumentando a probabilidade de cometer erros e non podendo ofertar unha atención de calidade.
Desde este colectivo esiximos ao Sergas que poñan fin dunha vez por todas ao caos sanitario da comarca do que son responsables.