Site icon Crónica3.com A Mariña

Xunta e concello cofinancian a rehabilitación da cuberta da Ermida de Guadalupe de Mondoñedo cun orzamento de 20.000 €

A Ermida de Guadalupe encádrase no Territorio Histórico do Camiño de Santiago do norte, na ruta da Costa, integrándose no trazado do camino e pasando os peregrinos pola fronte da edificación

Mondoñedo, 22 de agosto de 2022. A capela da Ermida de Guadalupe atópase no concello de Mondoñedo, na parroquia de Santa María de Vilamor, no barrio de Grove e situada fronte o camiño de Santiago. A edificación presenta un deficiente estado de conservación e por iso a Xunta de Galicia e o concello de Mondoñedo confinancian cun orzamento por valor de 20.000 euros para a súa rehabilitación.

A obra solicitada é para a mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopan no camiño de Santiago, perseguindo a posta en valor do camiño como elemento do Territorio Histórico do Camiño de Santiago do Norte.

Obras
O prazo de execución estímase en tres meses. Os traballos que engloban estas axudas veñen a ser para a rehabilitación da cuberta da capela, seguindo os principios de conservación e restauración.

As obras propostas son as de rehabilitación dos elementos deteriorados substitíndo unicamente os estritamente necesarios por outros de similares características, axustándose en todo momento a tipoloxía orixinal da edificación. Por tanto, relizaranse traballos de limpeza de restos vexetais na cuberta, limpeza das vigas existentes, a trata de madeira con produtos fronte os insectos e fungos de pudrición , reutilizació e recolocaranse os elementos de remate da cuberta de lousa.

Exit mobile version