Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa hai finalistas do Festival Ollo de Boi de Cine Curto de Ribadeo

Ribadeo, 12 de agosto, 2022. A semifinal do Festival Ollo de Boi, Festival de Cine Curto de Ribadeo, celebrouse o pasado mércores, resultando un éxito de público e participación. Foi unha primeira proxección con oito curtametraxes participantes, de xéneros cinematográficos moi diversos, que recibiu ao público máis afeccionado e tamén a moita xente menos acostumada ao formato.

Grazas ás persoas asistentes, moi participativas, xa se saben cales son as catro curtametraxes finalistas do Festival:

– Devoradora de nenos, de Fran Rodríguez: unha comedia negra sobre acoso escolar
– Mentres iso pasa, de Nacho Ozores: que afonda no problema do Trastorno Obsesivo Compulsivo
– Una historia azul, de Mónica Lilac: un conto de cor e fantasía para todas as idades
– Quitameriendas, de Sergio Stendhal: unha historia familiar de suspense ambientada nos anos corenta.

Os membros dos equipos de varias curtametraxes acudiron ao Cine de Ribadeo na Semifinal para presentalas, e o mesmo ocorrerá este sábado día 13, no Teatro de Ribadeo, na Final de Ollo de Boi. Dende as seis, o colectivo As vacas fracas realizará unha intervención artística sobre o photocall e a alfombra vermella, e ás oito comezará a Gala da Gran Final, con música, proxeccións de Iván Torres, votacións do público e a concesión do Premio Ollo de Boi. A entrada será libre e gratuita ata completar aforo.

Exit mobile version