Os partidos realizaranse na Praza da Mariña a partir das 20 horas dos días 16 e 17 de agosto
Haberá catro categorías (sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16) e as inscricións deberanse realizar na Casa da Xuventude, en horario de 9 a 13 horas, ou ben chamando ao número de teléfono 982 581 141.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, presentou estes torneos de fútbol 3×3 xunto co alcalde e técnico de deportes, animando “a todos os interesados en participar de novo nunha iniciativa que puxemos en marcha hai sete anos e que agora recuperamos polo éxito das últimas edicións”, explicou o edil, engadindo que “son formatos de competición que motivan aos máis mozos e nos que se transmiten valores de deportividade e compañeirismo, o fin último de organizar este tipo de campionatos”.
Estes torneos de fútbol súmanse á oferta deportiva que o concello puxo en marcha para este verán co obxectivo de dinamizar o pobo con actividades variadas e para distintos públicos e fomentar o deporte entre a mocidade.