Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro celebra do 12 ao 15 de agosto a súa Feira do Libro, que inclúe actividades de promoción da lectura e encontros con escritores e escritoras

Viveiro, 9 de agosto de 2022. O Concello de Viveiro celebra desde o venres, día 12, e ata o luns 15 nos Xardíns Noriega Varela a Feira do Libro 2022 ‘Movémonos cos Libros’, cunha ampla oferta cultural e encontros con diferentes escritores e escritoras.

Esta mañá presentaron a feira a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, e María del Cielo Fernández, vicepresidenta da Federación de Librarías de Galicia.

A pregoeira será María Carmen Lage López, antiga propietaria da libraría Porta de Vila de Viveiro, e a pregoeira infantil Iria Pérez Giz, nunha inauguración oficial que será o venres ás 13:00 horas.

“Durante catro días, Viveiro será a capital do libro en Galicia e asistiremos ao encontro entre os escritores e escritoras que participarán na feira e os seus lectores, un momento sempre máxico”, asegurou a alcaldesa, María Loureiro.

Entre as presentacións previstas, está a do libro ‘Mar gremial das rías de Viveiro e do Barqueiro’, de Vicente Míguez, do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, e haberá actividades de promoción da lectura para os nenos e nenas, obradoiros e outras actividades.

Exit mobile version