Viveiro, 8 de agosto de 2022. O Concello de Viveiro foi onte o escenario do desfile e a gran gala final da 42ª Mostra Folclórica Internacional, cun gran éxito de público e participación.
“Quero agradecer o traballo de Bágoas da Terra e da súa presidenta, Mari Carmen González López, Chipe, por estes 42 anos de traballo nun evento que xa é un referente cultural en Galicia”, asegurou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Asistiron tamén aos actos a subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; a deputada das áreas de Economía e Facenda da Deputación de Lugo, Mayra García Bermúdez, e a vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia.
A mostra cumpriu este ano a súa 42ª edición, tras dous anos de parón debido á pandemia. O evento posiciona a Viveiro como un referente cultural, con amplo recoñecemento internacional xa que pertence ao CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco.