Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitaldent integrouse en Acisa Ribadeo e ofrece aos asociados e asociadas condicións vantaxosas

Ribadeo, 26 de agosto de 2022. A firma Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013) acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo e ofrece condicións vantaxosas para socios e socias do colectivo empresarial así como para empregados e familiares para o coidado da súa saúde bucodental.

Vitaldent pretende que os socios e socias de Acisa Ribadeo poidan aforrar no coidado da súa saúde.

Para iso segundo explicou, Jesús Pérez, xerente de Acisa, “a oferta vai dirixida a empresarios asociados a Acisa Ribadeo, empregados destes establecementos e aos seus familiares. A devandita promoción consiste en ofrecer un desconto do 50% en implantes e un 20% en tratamentos de ortodoncia. Promoción válida para presupostos aceptados ata o 7 de setembro do presente ano. Estes descontos non son acumulables a outros e/ou promocións. Aplicaranse solo nas liñas de tratamento de implante e fase cirúrxica, e no total do presuposto no caso dos tratamentos de ortodoncia, tanto fixa como con alineadores. Tratamentos sempre baixo prescrición médica”.

E engade: “para os socios de Acisa Ribadeo, Vitaldent ofrece ademais un financiamento especial de ata 60 meses sen xuros, TIN 0%, TAE 1.21% e cunha comisión de apertura só do 3%. Un exemplo: prezo de adquisición ao contado de 3.000€, o prezo total a prazos e o importe total adebedado sería de 3.090 euros, cunha comisión de apertura do 3% a abonar na primeira cota, de 90€, quedando por tanto unha primeira cota de 140€ e as restantes de 50€, polo que o coste total do crédito é de 90€ e o importe total de intereses de 0€. Vitaldent utilizou para o cálculo das cotas o sistema de amortización francés, é dicir, cotas periódicas e constantes. Este sistema ofrece unha tranquilidade a hora de enfrontarse a pagos de certa índole, pero que nestes casos son necesarios ao estarnos a referir á saúde. Dito financiamento non é acumulable a outras ofertas ou promocións, e a financiación estará suxeita á aprobación por parte de Sabadell Consumer Finance, S.A.U. Para poder aproveitarse desta promoción Vitaldent manterá esta oferta válida ata o 7 de setembro deste presente ano”.

Pérez Prada indicou que “ademais, para todos aqueles que se apunten a facer unha primeira visita a Vitaldent estes días, ademais da revisión e a radiografía panorámica de balde, regalaranlles un cepillo bucal eléctrico, que axudará a manter unha correcta hixiene das nosas bocas na casa”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou: “en Acisa seguimos a traballar no obxectivo de incrementar pouco a pouco a cifra de asociados, algo que parece que estamos a conseguir pasiño a pasiño. E importante que o consigamos porque cantos máis sexamos mais actividades poderemos organizar e mais servizos poderemos prestar. Neste sentido é importante destacar estas colaboracións, convenios ou servizos que podemos ofrecer grazas ás novas altas, xa que son dobremente importantes, non so supón un aumento no número de socios se non que ademais conseguimos mellorar ou ampliar os servizos que lles ofrecemos ás nosas asociadas e asociados”.

Exit mobile version