O veleiro no que navegaban as tres persoas bateu cun cable eléctrico no río Eo, na entrada do río Grande. Así o comunicaba o particular que alertou dos feitos ao 112 Galicia, uns minutos despois das 18:00 horas. Engadía na súa chamada que un incendio estaba a afectar ao barco.
De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Local, de Protección Civil e da Garda Civil.
Pola súa banda, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Barreiros comprobaron que non había ningún indicio de incendio no veleiro e indicaron ao 112 Galicia que o persoal do Club Náutico de Ribadeo encargaríase de recoller a embarcación.