O lume queimou diversa maquinaria, rolos de herba seca e pneumáticos no interior do local, sen que se rexistrasen danos persoais. Os feitos sucederon na Rúa da Grova, uns minutos antes das 01:00 horas da pasada noite. Nese momento, unha persoa particular alertaba do incendio ao 112 Galicia. De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros, do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil. Ademais, desde o 112 Galicia informouse, como medida preventiva, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.
Un incendio calcina unha nave industrial dedicada ao transporte de material agrícola en Riotorto
Un incendio calcina unha nave industrial dedicada ao transporte de material agrícola en Riotorto
Relacionado
-
Remataron os Obradoiros e os Plans con Corazón, organizados pola Mancomunidade
-
Esta fin de semana rematarán os Obradoiros e os Plans con Corazón da Mancomunidade con propostas en Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Viveiro e Riotorto
-
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico executa labores de conservación no río dá Orrea en Riotorto