O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “as cores do outono xa están a encher os escaparates do comercio local. Todo está preparado para recibir á nova estación con toda a moda desta nova tempada: calzado, roupa, complementos…”.
Paleo sinalou que “volta ao cole e outono veñen case collidos da man. Nos nosos negocios locais os pais, as nais, os nenos e as nenas atoparán todo o que precisan para ter lista a volta ás aulas dentro duns días. Mochilas, material escolar, chándales, zapatos, uniformes… en Foz, a carón de casa, temos de todo”.
O presidente de AciaFozCCA subliñou “a importancia de mercar nos establecementos locais, onde nos ofrecerán un asesoramento e un trato próximo e personalizado. O noso slogan desde hai anos é ese: o comercio fai pobo, compra na túa vila”.
Estas campañas de AciaFozCCA están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración do Concello de Foz.