Viveiro, 18 de agosto, 2022. Despois dos traballos de diagnóstico elaborados coas aportacións recollidas nas reunións previas, tanto nas abertas a toda á cidadanía do territorio os días 18 de xullo na Confraría de Celeiro e o 1 de agosto de forma virtual como nas específicas realizadas aos colectivos de inclusión social, mocidade e mulleres realizadas o día 10 de agosto de forma telemática, é o momento de realizar propostas e achegas que dean solución ás necesidades identificadas no territorio e propor as iniciativas que darán pé a definir a nova Estratexia de Desenvolvemento Local da zona Pesqueira (EDLP) para o período de programación 2023-2027 do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) e o futuro da zona pesqueira do GALP A Mariña-Ortegal; para elo convídase a participar na reunión presencial aberta a toda a cidadanía, o luns 22 de agosto no Concello de Viveiro – Praza Maior, 1- ás 18:00 horas.
Confirmacón de asistencia no mail galp.mar.marinaortegal@xunta.gal ou no teléfono 604034748