Durante o obradoiro, realizado en colaboración coa Consellería do Mar, mergulláronse na historia das personaxes protagonistas e aprenderon a identificar diversidade de peixes e mariscos, as súas características, as formas de captura e como con pequenos xestos poden contribuir a coidar o medio mariño e á súa sustentabilidade. Ademais, aprenderon a importancia de consumir produtos do mar para manter unha dieta sa e equilibrada e algunhas das propiedades nutricionais de peixes e mariscos que consumimos habitualmente.