Os populares lamentan que “PSOE e BNG non teñan vontade de acadar o maior consenso posible en materia de sanidade” e “empreguen a Plataforma como arma de confrontación política”
Así, engade que, “deste xeito, rexeitan tamén as implicacións que isto suporía para os empresarios e emprendedores da nosa vila que, segundo o voceiro do BNG no pleno, non os debe haber en Burela”. As vantaxes inclúen a axilidade na tramitación administrativa ou a aplicación de importantes rebaixas fiscais de ata o 95% en impostos coma o de construcións, bens inmobles ou de actividades económicas.
“Outra das cuestións que quedou acreditada é que os partidos que se autoproclaman defensores dos dereitos sociais e da educación só o son de cara á galería. Todo o que fan é falar, pero sen actuar neste sentido”. Así o considera o voceiro tendo en conta que PSOE e BNG votaron tamén en contra doutras dúas mocións presentadas polo Grupo Municipal Popular: “unha, dirixida a premiar aos bos estudantes de Burela e, outra, a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de mobilidade achegándolles a fisioterapia ao seu domicilio. PSOE e BNG escusáronse dicindo que estas son competencias impropias dun Concello e obviando que estas dúas actuacións si as están levando a cabo outros Concellos en Galicia”.
Para Rouco “esta é a demostración palpable do triste proxecto de futuro que teñen estas dúas formacións, tanto o PSOE coma o BNG, para a nosa vila. Todo iso unido á que vai ser a campaña política das mesmas a partir de agora: un intento de acoso e derribo continuo a aqueles que pensan diferente e que non comparten o pensamento que eles consideran que é o único válido”.
PSOE e BNG usan a sanidade como “arma política”
O voceiro popular tamén condena que “PSOE e BNG empreguen a Plataforma en Defensa da Sanidade como punta de lanza para tratar de rascar votos nas vindeiras eleccións locais sen outra motivación que a confrontación política”. Rouco explica que “durante a sesión plenaria tiveron a mellor das oportunidades para buscar o maior consenso posible, pero o alcalde desbotouna ao non aceptar a votación por separado dos puntos sometidos ao pleno”. O Grupo Municipal Popular estaba disposto a apoiar algunha das peticións, pero abstívose na votación porque “non podiamos apoiar algún dos puntos que non están o suficientemente acreditados ou que non se axustan á verdade”. O popular lamenta que “unha vez máis tanto o PSOE e o BNG usen a sanidade como arma política”.