En total, este centro de primeira venda lucense descargou máis de 19.000 toneladas o pasado ano, sendo a pescada, con máis de 9.000 toneladas descargadas, a principal especie desta lonxa. No que vai de ano, este peixe tamén está a ser o protagonista da primeira venda no centro, chegando case ás 4.000 toneladas. A visita de hoxe enmárcase na rolda de contactos que mantén de xeito periódico a Consellería do Mar coas distintas entidades do sector para estudar e coñecer as necesidades de cada zona e buscar posibles solucións.