Ribadeo, 8 de agosto, 2022. Será ás 19,00 no Campo de San Francisco (en caso de chuvia trasladaríase á Casa do Viejo Pancho).
«Uterus siue uolua», de Xulio Pardo de Neyra, publicado por Edicións Fervenza (coa colaboración gráfica de Clara Martín) é un libro para ler e para ver, para sentir, para descubrir e para vivir cos ollos e co corazón. Ven sentilo este mércores ás 19,00 no recital poético que organiza a A.C. Francisco Lanza no Campo de San Francisco (Ribadeo).
Xulio Pardo de Neyra é licenciado en Filoloxía pola USC en 1999 e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica. Ten colaborado en varias ocasións coa A.C. Francisco Lanza.
Miguel Anxo Mato Fondo
A finais dos anos 70, publicou os seus primeiros poemas en publicacións colectivas sendo membro do colectivo Alén, do cal tamén formaban parte Xosé Ramón Pena e Francisco Salinas Portugal. Posteriormente, nos anos 80, colaborou co colectivo De Amor e Desamor, co que participou en varios recitais poéticos e conferencias. Ten publicado ensaios sobre a poesía galega actual e colaborado como guionista na realización de vídeo sdivulgativos da poesía galega actual así como coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega. En Marzo de 2004 gañou o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño coa súa obra “O whisky na barrica”. Vai recitar poemas da súa obra “Persistencia da música en novembro”.
Lourdes Santos Sans é cantante e profesora de ópera. Ten unha escola de canto desde abril deste ano 2022. Cunha grande bagaxe e o pracer de ter compartido experiencias con grande cantidade de alumnos e alumnas, Lourdes Santos Sans deseñou un método propio para abordar e comprender a técnica vocal e facer máis asequíbel o canto. Cando os días de confinamento a súa veciñanza puido gozar do bel canto coas súas intervencións desde o balcón.