Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada a Romería de San Caetano – XXV Festa da Tortilla de Celeiro de Mariñaos que se celebrará o 19 e 20 deste mes

Barreiros, 13 de agosto 2022. A Asociación Irmandade San Caetano presentou hoxe a programación da Romería de San Caetano, que se vai celebrar nesta parroquia barreirese a vindeira fin de semana, o venres 19 e o sábado 20. Dentro desta romería encádrase a Festa da Tortilla que vai pola XXV edición. Desde a organización da romería, Xavier López mostra a súa satisfaccion porque este ano poida por fin celebrarse outra vez despois do parón da pandemia e recalca o espíritu desta festa que garda a esencia das romerías de parroquia e apuntou tamén que “aquí seguimos sendo fieis ao palco de lona e á nosa música de sempre, porque eso é tamén o que nos demandan e agradecen os veciños e veciñas e nesa liña traballamos, e adaptándonos sempre tamén a realidade da nosa parroquia”.

Desde Irmandade San Caetano queren agradecer moi especialmente a colaboración dos patrocinadores Cenor-Belianorte, Gadis, e das institucións: Concello de Barreiros e Deputación de Lugo.

A programación é a seguinte:

Venres 19 de agosto
– A partir das 21:00, Cea do San Caetano (panceta, chourizos, empanada, pan e viño) amenizada polo grupo OS LAMBÓNS
– Ás 23:00, actuación de TUMBA E DÁLLE, grupo de música tradicional- Ás 00.00. Verbena con VERÓNICA CAMBÓN, artista “rockeirafolclórica”

Sábado 20 de agosto
-de 12:00 a 13:00, presentación das tortillas para o concurso
-ás 13:00 misa na capela e procesión.
Seguidamente: Sesión Vermútortilla coa Charanga LOUBAND
– Degustación da Gran Tortilla de San Caetano.

Pola tarde:
– xogos tradicionais
-ás 19:00, actuación de GUILLERMO SOLO, malabarista internacional
-ás 20:00, concurso MÁSTER TORTILLA

Á noite
-Verbena amenizada por JOSÉ ANIDO
-Baile do Farolillo
E ao remate da festa, Gran Chocolatada.

BASES CONCURSO TORTILLAS

1.- A hora de presentación das tortillas para concurso será desde as 12:00 ata as 13:00 do sábado 20 de agosto, no campo da festa.
2. – Cada tortilla será identificada por un número que lle asignará a organización e un nome que lle será posto pol@ concursante. Asi mesmo, deberá acompañarse dunha nota donde se especifiquen os ingredientes.
3.- Os ingredientes básicos obrigatorios son o ovo e a pataca.
4.- Serán premiadas: a tortilla mais grande, a de mellor sabor, a de mellor presentación e a mais innovadora.
5.- Cada tortilla só poderá optar a un premio.
6.- As tortillas premiadas recibirán os seus galardóns no transcurso da verbena do sábado 20 de agosto.
7.-As tortillas que entren en concurso, unha vez que o xurado decida serán repartidas entre o público para a súa degustación gratuita.
8.- O xurado estará formado por 5 persoas designadas pola organización.
9.- A interpretación das presentes bases é competencia do xurado, así como a resolución daquelas cuestións que puideran suscitar alguha dúbida.
10.- O fallo do xurado é definitivo e inapelable.

SOBRE O CONCURSO MÁSTER TORTILLA

1- Celebrarase o sábado 20 de agosto ás 20:00 no campo da festa. As tortillas faranse no mesmo campo da festa, nun espazo habilitado ao efecto.
2- Concursarán 6 parellas, que deben inscribirse ata o día anterior poñendose en contacto cos membros da organización.
3- A organización aportará a tixola, utensilios, os ingredientes e os fogóns.
4- Haberá premios para a tortilla de mellor sabor, e para a tortilla feita en menos tempo.

Exit mobile version