A XX Feira Produart pechouse en Burela este domingo batindo récords de asistencia e considerada como de grande éxito por parte da Fundación Expomar
Mayra García, no nome da Deputación Provincial de Lugo, puxo en valor os recursos económicos e turísticos da provincia, garantía de calidade tanto como xeodestinos como de produtos agroalimentarios.
Alfredo Llano celebrou o éxito de público vivido na xornada do sábado en Burela, na que, arredor da multitudinaria Feira do Bonito, se concentraron numerosas actividades de ocio no entorno do porto burelés.
Queda lanzada tamén a invitación á próxima edición da Feira Produart, na primeira fin de semana de agosto de 2023, se ben antes esta mesma nave de redes volverá vivir unha edición da feira monográfica náutico-pesqueira Expomar en maio de 2023.
A feira permaneceu aberta ata a noite do domingo, acollendo a 44 expositores de diversa orixe, desde artesanía tradicional e produtos naturais-ecolóxicos, alimentación (tanto perecedeira como elaborados e conservas), artesanía, natureza e medio ambiente.
Produart promociona cada ano os produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difunden e recuperan a cultura ecolóxica, cunha clara intención de estimular e fomentar iniciativas, recursos e produtos que se atopen no marco da economía sustentable.