Site icon Crónica3.com A Mariña

Os operarios municipais procederon á retirada das imaxes dos retablos da Porta de Carlos V e da Porta da Vila para a súa restauración

Trátase, en concreto, das imaxes de San Roque, situada no retablo da Porta de Carlos V, e das imaxes de Cristo Crucificado, da Virxe María e de San Xoán, do retablo existente na Porta da Vila. Ademais das restauracións das imaxes referidas, realizaranse traballos de limpeza e restauración en ambos retablos. O Concello de Viveiro conta coa pertinente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización destes labores, que serán realizados por persoal especializado.

Exit mobile version