Será este mércores 10 de agosto a partir das 10h. A actividade iniciase no porto do Vicedo, para cruzar a ría en dirección a O Barqueiro, pasando despois por debaixo das pontes sobre o Sor, a illa de S. Martiño e rematando nas Ribeiras do Sor. O prezo é de 17€/persoa e, ademais de todo o equipamento necesario, inclúe o transporte de regreso ao porto do Vicedo. Inscricións no 982 59 01 95 e en omix@concellodovicedo.org. E o xoves 11, a partir das 22h outra actividade se recupera este verán: o Karaoke de Verán. Estará instalado na terraza da Casa da Cultura e está destinado a todas as idades.