Os nenos e nenas de Viveiro poderán desfrutar de novo dos cabezudos mañá, xoves 11 de agosto, desde as doce e media da mañá, na primeira das saídas polas rúas de Viveiro que farán durante as festas patronais.
Como mostra da importancia dos cabezudos nas festas de Viveiro, este ano forman parte do cartel das mesmas.
Tras as limitacións derivadas da Covid-19, o concello recupera este ano os seus percorridos, un motivo de ilusión para os máis pequenos.