Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Bombeiros e membros do GES interveñen no rescate dun home desorientado en Burela

Burela, 19 Agosto, 2022. Os Bombeiros de Barreiros e o GES de Cervo interviñeron no rescate dun home en Burela, ao atoparse nun camiño estreito que non permitía o paso da ambulancia.

O 112 Galicia recibía esta mañá, ás 10:15 horas, unha chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que solicitaba a colaboración doutros servizos de emerxencias para o rescate dun home, desorientado e que presentaba mazaduras no rostro. O ferido estaba nun camiño angosto que impedía o acceso da ambulancia, que xa se atopaba no punto.

Polo tanto, o 112 Galicia informou tanto ao GES de Cervo como aos Bombeiros de Barreiros que, unha vez avaliadas as circunstancias, desprazáronse ata o lugar para axudar a trasladar ao ferido dende a súa localización ata unha zona máis accesible, onde xa puido ser atendido polos servizos sanitarios. Finalmente, foi trasladado ao centro sanitario de referencia.

Ademais, tamén participaron no operativo a Policía Local e Protección Civil de Burela.

Exit mobile version