Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide explicacións unha vez máis ao goberno municipal polo peche da praia do Cargadoiro

O grupo municipal popular resalta que leva sen estar aberta ao público 3 anos, é dicir, o mandato do actual goberno local

Ribadeo, 3 de agosto de 2022. A vicevoceira do Grupo Municipal de Ribadeo, Elena Sierra, explica que “el goberno municipal lleva prácticamente todo el mandato con la playa de O Cargadoiro cerrada”. Os populares non saben por que segue pechada esta praia e o goberno local non aporta ningún tipo de explicación.

Elena Sierra di: “Este es el trabajo y la dedicación del gobierno municipal para resolver los problemas. Eso sí, mentira tras mentira, siempre tirando balones fuera, echando la culpa a otras administraciones”.

Desde o grupo municipal popular aseguran que os veciños están fartos das escusas e da incompetencia do goberno local. Sierra resalta: “La culpa nunca es de ellos, y lo único que está claro es que tanto ribadenses como turistas estaremos un año más sin playa. La única verdad que hay es que la playa de O Cargadoiro sigue cerrada un año más sin darnos ninguna explicación”.

Praia moi demandada
A praia de O Cargadoiro é unha pequena cala situada entre o porto de Ribadeo e o faro de Ila Pancha. A súa situación permite aos máis maiores acudir a pé tanto no verán coma no inverno.

Exit mobile version