Os populares explican que “a sinalización vertical é difícil de ver ou incluso pasa desapercibida para os condutores” e lamentan que “en momentos de gran afluencia de xente se xeren discusións entre condutores e peóns”
O Grupo Municipal do PP de Viveiro propuxo, nese sentido, que o goberno local -en coordinación cos técnicos e a Policía Local- busque “a solución máis axeitada para dar máis visibilidade” á sinalización vertical colocada na marxe dereita á entrada da avenida: Os populares explican que “para os condutores dos vehículos procedentes da ponte da Misericordia pasa desapercibida e aos que entran dende o lado de Celeiro cústalles de ver”.
O voceiro, Óscar Rodríguez, sinalou que “moitos vehículos non respectan o límite de velocidade fixado en 20 km/h e moitos máis son os condutores que non respectan a preferencia peonil” o que supón “importantes riscos” e tamén “discusións entre uns e outros en momentos de gran afluencia de xente”.