A comunidade de montes de Ove trasladaron o seu malestar ao grupo municipal polo estado no que se atopa a casa da Ría, literalmente na ruina
Desde a comunidade de montes de Ove trasladaron ao grupo municipal popular o seu malestar pola falta de respeto ao patrimonio ribadense. Elena Sierra explicou que desde o PP de Ribadeo “levamos moito tempo reclamando os arranxos do edificio” pois podería utilizarse para múltiples actividades, como o observatorio astronómico ou un centro de referencia da ría de Ribadeo.
Unha iniciativa que serviría para que alumnos da vila e de outros centros disfrutaran de exercicios de educación medioambiental. Sen embargo “el gobierno del BNG se dedica a hacer las observaciones en la playa de los Bloques” di Sierra.
Accións contradictorias
A pesar de estar facendo estas actividades astronómicas na praia, desde o grupo municipal popular critícase a maneira de actuar por parte do goberno do BNG. “En 2021 o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, aseguraba que facer un observatorio astronómico en Galicia era como cultivar plátanos” asegura Elena Sierra.
Para a vicevoceira con esta postura deixábase claro que as propostas dos populares non estarían na súa axenda política. Ademais Elena resaltou a calidade de Galicia en materia astronómica como o observatorio da Universidade de Santiago de Compostela que “destaca por el estudio de las estrellas dobles y múltiples”. Esta deixadez dice moito deste partido nacionalista que desprezan aos grandes astrónomos gallegos como Antonia Ferrín Moreiras ou Ramón María Ayer.