Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lourenzá condena que o goberno local rexeitara contar cunha brigada contra incendios

Dende o PP local lembran que “tampouco levaron a cabo o desbroce das marxes das pistas dos distintos barrios do municipio, como para pensar en desbrozar as dos montes”

Lourenzá, 5 de agosto de 2022. O Partido Popular de Lourenzá condena que “o goberno local socialista nin sequera solicitara á Xunta a axuda para dispoñer dunha brigada contra incendios no noso concello”.

Os populares consideran que “a falta de xestión do PSOE volve ser protagonista en Lourenzá. Mentres que outros concellos da Mariña contan con estas brigadas, Lourenzá non disporá deste servizo. Pero xa non nos sorprende que o goberno local socialista non solicite a axuda porque é un proceder habitual”, manifestan.

Dende o PP local consideran que se trata dunha “neglixencia” ao “deixar de realizar labores para a prevención” e, no seu caso, extinción de posibles incendios forestais no noso termo municipal. “A brigada podería estar facendo labores de roza nas pistas nos montes que cremos que é bastante necesaria”, engaden.

Lembran que “este goberno aínda non xestionou o desbroce das marxes das pistas dos distintos barrios do municipio, como para pensar en desbrozar as dos montes”, consideran.

Emprego
Os populares lamentan tamén que, deste xeito, “o goberno local decidiu deixar de crear catro postos de traballo” tendo en conta que, “nos tempos que corren, sería positivo crear emprego en Lourenzá”.

Exit mobile version