Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz pide ao goberno local que aclare a legalidade na contratación de socorristas e auxiliares nas praias do municipio

O portavoz municipal, Javier Castiñeira, explica a preocupación que hai no grupo municipal ante a pasividade do goberno local en aclarar a contratación dos auxiliares

Foz, 5 de agosto de 2022. O goberno local de Foz anunciou ao principio do verán a contratación de socorristas e auxiliares que complementan a acción da seguridade das praias do municipio. O portavoz do PP de Foz, Javier Castiñeira, a través dunha pregunta no pasado pleno pediu explicacións en relación á contratación dos socorristas.

“Nós a contratación é algo que vemos ben, entendemos que non son medios suficientes pero tamén somos conscientes das circunstancias actuais” di Castiñeira. O ano pasado houbo problemas coas autoridades laborais en materia de contratación cos auxiliares, dando lugar á levantanción dunha serie de expedientes que aínda están por resolver. “Para que non pasase o mesmo que o ano pasado, desde o PP quixemos cerciorarnos no pasado pleno de que as contratacións estaban ben feitas dacordo coa lei” explica Castiñeira.

Os requisitos para ser auxiliar de socorrista foron publicados no DOGA en novembro do 2021. No documento, esíxese “unha formación e titulación determinada” e estar inscritos no rexistro do AGASP.

A resposta do alcalde ante o rogo para a aclaración desta situación foi a de responder no pleno de setembro. Para os populares isto “é unha forma de pasar de todo e esperar a que as vacacións rematen ou realmente non saben cómo están contratados”.

Por iso, o PP de Foz pide explicacións inmediatas porque “estamos en plena actividade de verán onde os socorristas están máis activos e deixounos moi intranquilos a idea de que os auxiliares estén a exercer as súas función sen a correspondente titulación”.

Exit mobile version