O voceiro, José Manuel Gómez Puente, cre que “é cuestión de vontade e de xestión” dotar ao aparcamento dun firme “en condicións acordes coas necesidades dos veciños”
O popular amosa tamén a súa preocupación polo risco que supón para os usuarios o seu estado esvaradío: “os vehículos poden patinar e os peóns poden sufrir caídas”.
Gómez Puente sinala que “non é de estrañar que chova na Mariña e, tralas últimas chuvias o estado do aparcamento situado ao lado do centro de saúde e preto dos locais comerciais do centro urbano de San Cosme empeorou”.
Os populares urxen ao goberno local do BNG a acondicionar o aparcamento “en condicións” dotándoo dun firme acorde ás necesidades dos veciños e velando pola súa seguridade. É cuestión de vontade e de xestión tendo en conta que non se require un investimento moi elevado para mellorar o estado do solo deste aparcamento”, conclúe o voceiro.