A Xunta financia todos os concertos de Ribadeo como o de Baiuca ou a Penúltima Sabinera
Entre as propostas de ocio que contaron coa colaboración económica da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e da área de Política Lingüística, Javier Arias destacou o concerto da Penúltima Sabinera, o mesmo día de arranque das patronais, o próximo sábado 3; a animación na rúa con grupos como O Cuarteto de Illa Pancha e Festicultores; a edición do libro de festas, e o patrocinio dos vídeo mupis informativos. Ademais, o delegado territorial sinalou que “na procura de ofrecer propostas para todos os gustos e variedade, e como antesala ao inicio das patronais, este venres promovemos o concerto de Baiuca”, que terá lugar ás 22.30 horas, na praza de España.
Pola súa banda o voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destacou o gran traballo que fixo a comisión organizadora “para facer posible unhas boas festas para Ribadeo”. O popular explicou que “desde o inicio fixemos un traballo conxunto para poder axudar e así conseguir a financiación da Xunta de Galicia, por eso queremos felicitar a estes rapaces polo se esforzo e polo cariño que amosan por Ribadeo”.