“Queremos ter unha sanidade pública e de calidade, e non un PAC desatendido e cos profesionais sanitarios soportando unha carga de traballo inhumana”, avanzou Marta Rey
Ribadeo, 2 de agosto de 2022. Os Socialistas de Ribadeo critican o desmantelamento sanitario que sofre o Concello. A Voceira Socialista, Marta Rey aludiu as constantes queixas dos usuarios do PAC e da veciñanza da Comarca, na que se evidenciou que só había un equipo medico nestas datas. Este equipo sanitario inclúe un médico, un enfermeiro e un administrativo para atender aos doentes de Ribadeo, Barreiros e Trabada.
A Voceira Socialista explica que este mesmo equipo “tamén é o responsable de dar cobertura aos desprazados, que neste época do ano aumentan de xeito exponencial nestes concellos, así como os doentes que por circunstancias médicas teñen que ser atendidos nos seus domicilios particulares”. “Son arredor de 14.000 persoas a carga de traballo que recae en tan só tres profesionais sanitarios do PAC de Ribadeo. Está é a sanidade do PP, recortes e peches”.
Dende o PSdeG emprazamos ao PP a mellorar a asistencia sanitaria na nosa provincia, cun reforzo na atención de primaria. Hai que lembrar que Galicia é a comunidade onde máis baixou o investimento na atención primaria. E preguntouse porque o Goberno de Rueda “pide tantas prazas MIR, se despois non se lles ofrecen condicións laborais dignas”, insistiu.
Nesa liña tamén aludiu as constantes escusas do PP en relación a contratación das prazas MIR. A propia Xunta estivo de acordo coa última asignación de prazas MIR e seu reparto por comunidades, pois a Galicia concedéronlle un total de 207 este ano, a cifra máis elevada das últimas décadas.
A Xunta deixou sen gastar 200 millóns de euros
Marta Rey incidiu que estes mesmos dias dende o grupo socialista no Parlamento de Galicia, denunciou que a Xunta deixou sen executar máis de 200 millóns de euros dos fondos covid, e que se acabaron destinando a “cadrar contas, en vez de reforzar a asistencia sanitaria nos momentos peores vividos durante a pandemia”. “A xestión do PP queda en evidencia, e o PAC de Ribadeo é o verdadeiro exemplo do abandono e da desidia do PP en materia sanitaria”.
O PP ten que reverter esta situación e investir en sanidade
“De pouco nos sirve que se anuncie a bombo e platillo un centro de saúde na nosa vila, si non vai contar cos profesionais sanitarios necesarios para atender aos seus usuarios. Queremos ter unha sanidade pública e de calidade, e non un PAC desatendido e cos profesionais sanitarios soportando unha carga de traballo inhumana. O PP ten que reverter esta situación, investir en sanidade e abrir un proceso de diálogo cos profesionais do sistema sanitario para deseñar conxuntamente ofertas de emprego con criterios de discriminación positiva no deseño das OPE,”, din dende o PSdeG.