Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal continúa coa elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local

Viveiro, 5 de agosto, 2022. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal continúa coa elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local da zona pesqueira para o período de programación 2023-2027 do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura, trala celebración da primeira reunión presencial o 18 de xullo na Confraría de Pescadores de Celeiro, que contou con medio centenar de asistentes e a primeira telemática celebrada o 1 de agosto, con 22 participantes. Trátase así de integrar a opinión dos axentes e entidades do territorio, sendo de vital importancia para definir o futuro da zona pesqueira e para elo celebrarase outra reunión presencial o 22 de agosto en Viveiro e outra telemática, ambas abertas a toda á cidadanía e darase un espazo específico de participación ás entidades de inclusión social, a mocidade é ás mulleres do territorio o día 10 de agosto, cunha reunión con cada un dos colectivos, sendo fundamental o seu reforzo na colaboración co sector pesqueiro na promoción do desenvolvemento do territorio.

En caso de estar interesado en asistir, pódese contactar a través do mail: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal ou no teléfono 604 034748

Exit mobile version