A romaría comezou este venres e estenderase ata o próximo martes 30 de agosto. O servizo de autobuses funcionará de maneira continuada ata o próximo mércores, 31 de agosto, ás 10:00. En Viveiro, a recollida de pasaxeiros efectuarase na Praza de Lugo, mentres que en Naseiro os autobuses pararán na parada habitual da zona.