Houbo dúas categorías, infantil e adulto, unha actuación de improvisación de free style a cargo da rapazada de Viveiro e Ferrol, e espazo para o karaoke libre fóra de concurso para persoas do público.
Na categoría infantil, a gañadora foi Martina Blanco Fernández, a segunda clasificada Noa Villota Pernas, e a terceira Inés Mariño Gómez. En categoría adulto, o gañador foi Julio César Zamora Hoyos, sendo o segundo posto para Kirspy Michelle Ranso e o terceiro para Marta Suárez Díaz.
“Estamos moi satisfeitos pola acollida dos participantes, veciños e visitantes; quero agradecer a valentía dos que subiron ao escenario e destacar o éxito deste evento interxeracional”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fenández-Noriega.
O presentador da gala foi Raúl Torres García e o xurado estivo composto por Ana Mateos, Eva Rodríguez, Antía Dovale, Bruno Álvarez e Dolores Fernández.