Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro felicita a Adrián Ben polo seu pase á semifinal de 800 m no europeo de atletismo

Viveiro, 18 de agosto de 2022. O Concello de Viveiro traslada a súa felicitación ao deportista viveirense Adrián Ben, polo seu pase á semifinal da proba de 800 metros no Campionato de Europa de Atletismo. A cita celébrase na cidade de Múnich en Alemaña.

A proba de semifinais celébrase mañá, venres 19 de agosto, ás 20:27. O Concello de Viveiro, en nome da cidadanía viveirense, deséxalle moita sorte a Adrián, quen buscará clasificarse para a final desta proba.

O atleta viveirense lograra nos pasados Xogos Olímpicos de Tokio, en 2021, o diploma na proba de 800 metros. De feito, o Concello de Viveiro colocara unha pantalla xigante na Praza Maior para seguir a final olímpica do atleta local o pasado verán.

“Unha vez máis, Viveiro móstrase orgulloso dos seus deportistas, cuxo esforzo e traballo son dignos de admirar. De novo, parabéns e moita sorte, Adrián!”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Exit mobile version