Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro fai público un bando coas normas básicas para a celebración da Romaría do Naseiro

Viveiro, 11 de agosto de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, fixo público un bando coa normas básicas para a celebración da Romaría do Naseiro, entre os días 26 e 30 de agosto.

Co obxeto de manter a esencia desta romaría, asi como o de protexer a súa imaxe e o privilexiado entorno no que se realiza, “é preciso que todos colaboremos respetando as seguintes indicacións para o benestar, a seguridade e a convivencia cívica”, asegura a alcaldesa.

-Prohíbese realizar cerramentos das parcelas con plásticos negros, ou outros materiais non acordes co entorno.
-Prohíbese facer lume preto das arboledas e en todo caso fora dos espacios habilitados ao efecto.
-Recórdase que as inmediacións da Romaría conta con sanitarios, pregando aos romeiros o seu adecuado uso.
-Os residuos deben depositarse nos contedores instalados para tal fin, respetando a recollida separada dos mesmos.
-Todo os elementos, obxetos ou enseres que os romeiros utilizen para a celebración da romaría deberán ser desmontados e/ou recollidos ó finalizar a mesma.
-Asi mesmo, lembrase a todos os romeiros que dado que a romería se celebra nun espazo natural protexido incluído na Rede Natura 2000 e nun entorno fluvial, é preciso respetar dito entorno e as normas que o protexen e que establecen os organismos competentes.
-Por último, pido a todos os veciños e invitados a colaboración no cumprimento do presente Bando, desexándolles o disfrute dun feliz Naseiro.

Exit mobile version