Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro colabora coa IX Feira de Stocks do Centro Comercial Histórico que comeza este martes

Viveiro, 23 de agosto de 2022. Esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acudiu xunto ao tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, e a concelleira de Turismo e Comercio, Marisol Rey, á inauguración da IX Feira de Stocks do Centro Comercial Histórico de Viveiro.

A feira celébrase hoxe, 23 de agosto, e os próximos días 24 e 25 do mesmo mes. As persoas interesadas poden achegarse ata os Xardíns de Noriega Varela en horario de 11:00a 14:00 e de 18:00 a 21:30.

O Concello de Viveiro colaborou coa organización da feira en distintos aspectos loxísticos. Entre outras facilidades, o goberno local colaborou co subministro eléctrico, a reserva de espazos e o préstamos de material.

“O comercio local é un dos motores da nosa economía, por iso dende o goberno local temos un firme compromiso con este tipo de colaboracións”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

En total, instaláronse 11 postos de venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, complementos, deportes, zapatos, xoiería, bixutería,  mobles e decoración.

Exit mobile version