Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz destaca a boa incidencia do turismo en xullo

Foz, 2 de agosto de 2022. O Concello de Foz destaca a boa incidencia do turismo neste pasado mes de xullo. O concelleiro Chema Linares salienta que “as visitas á Basílica de San Martiño superan incluso as cifras do ano prepandemia, 2019. Así, segundo os datos que nos trasladan dende o punto de información turístico da propia Basílica, no mes de xullo visitárona 4.324 persoas, fronte as 4.184 do mesmo mes do ano 2019, superando no que levamos de ano as 10.000 persoas”.

O edil de Turismo focego especifica que “neste pasado mes de xullo, como vén sendo habitual, o turismo é predominantemente nacional, nun 94 por cento, onde destacan Madrid e Castela León. Entre o turismo estranxeiro sobresae o europeo, fundamentalmente de Francia, Alemaña e Reino Unido, aínda que temos tamén bastante afluencia de Sudamérica, sobre todo de México e Colombia; e incluso houbo visitantes australianos. Isto demostra a boa acollida dun recurso turístico como é a Basílica, cada vez máis coñecida fóra das nosas fronteiras”.

Chema Linares engade que “esta boa acollida dos turistas é confirmada pola Oficina de Turismo situada no Cenima, que aumentou as visitas con respecto aos anos previos, demostrando unha recuperación do turismo que se achega a Foz. As perspectivas son boas, polo tanto, para este mes de agosto, cando pensamos se poidan bater todos os rexistros no noso concello”.

Exit mobile version