Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo ten en marcha un curso de monitor de tempo libre no que participan 15 moz@s

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, compartiron un anaco cos rapaces durante unha das actividades desenvolvidas na Casa da Cultura

Cervo, 12 de agosto de 2022. O Concello de Cervo, a través das delegacións de Xuventude e de Educación, ten en marcha este verán un curso de monitor de tempo libre gratuíto que se enmarca no programa Avívate en Cervo V, dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 35 anos.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, compartiron un anaco cos 15 mozos/as que se inscribiron nesta edición, durante unha das actividades desenvolvidas na Casa da Cultura que consistiu, neste caso, na elaboración duns zancos con material reciclado.

Villares puxo en valor a iniciativa que ano tras ano está a ter unha gran acollida e que “contribúe a dotar aos participantes da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

O temario do curso inclúe actividades de manualidades, globoflexia, todo tipo de xogos, baile, e formación relativa á planificación de diferentes iniciativas de tempo libre.

Exit mobile version