Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo crea unha pista ecuestre nas inmediacións das instalacións deportivas da Bidueira

Esta iniciativa nace froito da comunicación do Concello cun grupo de veciños e veciñas afeccionados ao mundo ecuestre e permitirá crear un espazo apto e seguro para practicar a equitación

Cervo, 4 de agosto de 2022. O Concello de Cervo está a executar unha pista ecuestre nas inmediacións das instalacións deportivas da Bidueira.

A tenente alcalde, Dolores García Carames, e o concelleiro de deportes, David Rodríguez, achegáronse ata a zona para supervisar os traballos en compañía dunha representación de veciños afeccionados ao mundo ecuestre.

A realización desta pista, que supón un orzamento de máis de 40.000 euros procedentes de fondos municipais, é xa unha realidade grazas á sinatura dun convenio por parte da Comunidade de Montes e o ente municipal, no que a Comunidade cede os terreos para a súa construción e o Concello aporta a financiación pertinente.

Tal e como apuntaron Caramés e Rodríguez “con este novo proxecto búscase retomar a actividade nas instalacións da Bidueira, antigo campo de fútbol da S.D. Cervo -Sargadelos que quedaron abandonadas. Coa creación desta pista ao seu carón, podería ser sede de campionatos e diferentes tipos de encontros cabalares”.

Esta iniciativa –recordan- nace froito da comunicación cun grupo de veciños e veciñas afeccionados ao mundo ecuestre, posto que no noso municipio hai unha gran tradición. Así tamén, conseguimos crear un espazo apto e seguro para a equitación dentro do noso concello”.

Exit mobile version