Volven gañar 2-4, a pesar de ir perdendo ao descanso 2-0
Burela, 30 de agosto, 2022. Primeira parte do conxunto mariñán con moitas imprecisións e erros que as ían a condenar nestes minutos. Non ían demostrar nesta parte o xogo que estaban a executar en partidos anteriores desta pretemporada, era un CD Burela FS diferente ao que estabamos habituados a ver.
Entre tanto, o equipo local ía adiantarse por partida dobre, primeiro no minuto 17 con gol de Daryna tras recibir un pase dentro da área, e posteriormente por mediación de Carol Agulla nun saque de falta no 19, cun lanzamento potente xusto antes do descanso.
Sin embargo, o CD Burela FS recuperou na segunda metade a súa esencia e deulle un cambio radical ao partido, xogando ao fútbol sala dinámico e coas ocasións que as caracterizan. As laranxas ían obrar unha remontada e outro bo resultado.
Primeiro estaría o gol para recortar distancias de Patricia cazando un rexeite na área no minuto 27. A partir dese momento, Emilly tería todo o protagonismo e importancia en ataque, pois empataría o partido de penalti no 32 e a continuación, un minuto despois, poñería ao Burela por diante cun canonazo.
Por último culminaría o seu hat trick persoal e consecuente vitoria mariñá cun gol de dobre penalti a falta dun minuto para acabar o partido.
Ficha técnica
CD Burela FS: Jozy, Irene Samper, Emily, Patricia, Masha -Cinco Inicial- Cilene, Antía, Dany, Evelina
Amarelle FSF: Leti Rojo, Carol Agulla, Cris Lourés, Èlia Gullí, Lobo -Cinco Inicial-María Gómez, Daryna Tkachenko, Marta Hermo, Laura Rivas, Ana Bermúdez, Carlita, Nere Ramallo
Goles: Min 17 Daryna 1-0; Min 19 Carol Agulla 2-0; Min 27 Patricia 1-2, Min 32 Emilly 2-2; Min 33 Emilly 2-3; Min 39 Emilly 2-4.
Equipo arbitral: Piñeiro Rivas Sergio – López Riveiros Sergio
Incidencias: Partido Amistoso disputado en el Pabellón Municipal de Sagrada Familia