Por outra banda, as instalacións industriais que Barras Eléctricas Galaico Asturianas ten nos baixos do edificio de vivendas, e ao que dá acceso esta vía, datan do ano 1986. Aínda que é común observar tarefas de mantemento, os transformadores teñen riscos, especialmente en materia de incendios, polo que rogamos o Concello verifique, dentro das súas competencias, o correcto cumprimento da normativa da instalación que garanta a seguridade da veciñanza.
A todo isto, súmase unha contorna sumamente deteriorada e desatendida ao longo dos anos, cun lavadoiro que foi restaurado e que leva anos en estado de abandono, edificacións ruinosas e un longo etcétera de desleixos que xa foron denunciados e levados ao Pleno polo noso grupo en dúas ocasións, en outubro de 2021 e en decembro de 2017, sen que se tomara medida algunha por parte do Concello. Polo exposto, ROGAMOS:
. Que se proceda a limpeza e mantemento da contorna do barrio da Pontelabrada, especialmente o citado paso de vehículos e o lavadoiro.
. Que se garanta de xeito inmediato, a salubridade e seguridade da vivenda en estado de abandono, conforme ao Título II da Ordenanza de Policía o Bo Goberno.
. Que se inspeccione e informe da normativa de seguridade da instalación industrial de Barras Eléctricas nos baixos das vivendas, dentro das competencias municipais.