Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela recibiu ao rexedor de Tarifa no comezo da XXXVI Feira do Bonito

No comezo da XXXVI Feira do Bonito celebrouse a recepción por parte do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e concelleiros de goberno, do rexedor de Tarifa, Francisco Ruíz Giráldez, que se desprazou á localidade acompañado da edil de Turismo, Lucía Trujillo. Visitaron as distintas zonas habilitadas para a feira, facendo unha parada no Barco Museo “Reina del Carmen”, onde puxeron en común a importancia do sector pesqueiro e as xentes do mar no desenvolvemento de ámbolos dous municipios, unha vinculación norte-sur que pretenderá extenderse a outros proxectos no futuro.

Exit mobile version