Site icon Crónica3.com A Mariña

Mes da Música en Alfoz

Alfoz, 31 de agosto, 2022. Á Área de Cultura do Concello de Alfoz, que dirixe Marisa Goás, anuncia a celebración do Mes da Música durante o mes de setembro.

As actuacións terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20:30h. A primeira delas será o sábado 3 co grupo Mar Aberto, de Foz. O sábado 17, poderase disfrutar con Sons de Celeiro e o venres 23 as estrelas serán Toxo Guayaba. A entrada é libre e de balde, para poder disfrutar do bo facer e da calidade musical destas tres formacións da Mariña e ofrecer un repertorio variado para todos os públicos.

Presentación literaria

O sábado 10 de setembro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, presentación de “Las jarras del trotamundos”. Javier Mariño Chao, Ourol 1971, está a tentar conseguir o soño de viaxar por todos os países do mundo. Profesor de ensino secundario, é licenciado en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente desempeña o seu labor no IES María Sarmiento da localidade de Viveiro. O lector vai atopar un libro de viaxes, soños e intriga con dose de amores e desamores. Mergullarase nunha novela dirixida a “a todas as persoas que loitan por conseguir os seus soños, sen importar a súa idade, aínda que estes sexan quiméricos, utópicos ou improbables”, confesa o autor.

Exit mobile version