O delegado territorial, Javier Arias, mantivo unha primeira xuntanza coa que foi ata hoxe a xefa do servizo de Coordinación Cultural da Xunta de Galicia en Lugo
Licenciada en Humanidades e en Filoloxía Inglesa, antes de súa incorporación a tarefas de responsabilidade pública, foi docente durante 11 anos no IES de Palas de Rei e no IES de Monterroso.
Nunha primeira xuntanza co delegado territorial da Xunta en Lugo, Arias agradeceu a súa dedicación pública ao longo destes anos ao mesmo tempo que lle puxo ao día dos asuntos educativos na provincia, xa inmersos nos preparativos do vindeiro curso académico, para dar continuidade ao labor da súa predecesora, Mariña Gueimunde, a quen agradeceu o seu traballo e compromiso ao longo dos últimos anos.