Site icon Crónica3.com A Mariña

Julio Delgado renova con CD Burela FS e seguirá dirixindo ás Guerreiras Laranxas

Será a súa segunda etapa á fronte do equipo, tras regresar os últimos meses da pasada tempada

Burela, 12 de agosto, 2022. Na súa primeira etapa no club, Julio Delgado foi un dos máximos responsables de que o equipo feminino do CD Burela FS se convertera en todo un referente deportivo. Con Julio no banco, o equipo viviu a mellor época da súa historia, transformada na suma de 12 títulos nas vitrinas do club.

Isto permitiulle ó CD Burela FS ser considerado dous anos seguidos o Mellor Club Feminino do Mundo por Futsalplanet Awards, mentres que o propio Julio Delgado foi nomeado o Mellor Adestrador do Fútbol Sala Feminino do mundo. Desde CD Burela FS cremos que non hai ninguén mellor para seguir dirixindo ás Guerreiras Laranxas e por iso anunciamos a renovación de Julio Delgado.

Esta tempada o equipo sufriu cambios, reforzouse con xogadoras internacionais con moito futuro por diante, sendo Julio un técnico ideal para que sigan progresando e crecendo deportivamente.

A segunda etapa de Julio Delgado comezou a finais da tempada pasada, e queremos darlle continuidade con esta renovación. As Guerreiras Laranxas volverán loitar por todo, incluíndo o título de liga, que dará comezo á tempada o próximo 10 de setembro visitando a cancha do Rayo Majadahonda.

Exit mobile version