A dirección provincial reforza así a agrupación local e agradece “o compromiso de traballo” do novo presidente da xestora que nomeará ao resto de integrantes no prazo aproximado dun mes
A dirección provincial continúa fortalecendo as agrupacións municipais con equipos de traballo para “ser a alternativa nas vindeiras eleccións do 2023”. Neste sentido, agradécelle a Castro “o seu compromiso de traballo pola Ribeira de Piquín”.
O presidente da xestora da formación popular márcase o prazo aproximado dun mes para nomear ao resto de integrantes da xestora coa que avanzar en dotar dunha estrutura ao Partido Popular no concello. Nese sentido, manifestou a súa intención de “sumar xente nova que se involucre para mellorar a Ribeira”.
O PP local traballará co obxectivo de conseguir a alcaldía que sempre ocupou a formación popular ata os últimos sete anos. “Contaremos con todas as persoas que o desexen” e, polo tanto, animou a “sumarse a un proxecto co que construír un mellor futuro para o noso concello”, manifestou Castro.