Jaime Aguado, que era inspector de Seguridade Marítima na Capitanía de Burela, asume a dirección esta semana en comisión de servicios
Lugo, 2 de agosto de 2022. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu esta mañá ao novo titular da Capitanía Marítima de Burela, Jaime Aguado Álvarez de Sotomayor, ao que lle desexou os maiores éxitos. Isabel Rodríguez destacou que o seu bo facer redundará en beneficio do colectivo de profesionais do mar.
A subdelegada felicitouno polo nomeamento para o cargo, que asume desde o 1 de agosto en comisión de servizos, e lembrou o importante labor que desempeña a Capitanía Marítima especialmente no referido á seguridade de mariñeiros e tripulantes de embarcacións de recreo. Rodríguez pediulle que manteña sempre como máxima prioridade a seguridade dos profesionais do mar e tamén aproveitou para reiterar o seu agradecemento polos servizos prestados ao anterior capitán marítimo, Fernando Otero, que deixou o cargo por xubilación a mediados de xuño.
Pola súa parte, o novo responsable da Capitanía Marítima agradeceu a confianza depositada nel e destacou a valía e profesionalidade de todo o equipo de persoal que traballa neste servizo, tanto inspectores, como coordinadores de inspección e seguridade, administrativos e resto de persoal da Capitanía.
Jaime Aguado Álvarez de Sotomayor é licenciado en Náutica pola Escola Técnica Superior da Mariña Civil da Coruña. Forma parte do Corpo Especial Facultativo da Mariña Civil desde 2017 e ata o momento desempeñaba o posto de inspector de Seguridade Marítima na Capitanía de Burela, ao que accedeu en 2021, logo de ocupar o mesmo posto nas capitanías de Avilés e Alxeciras.