Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez anima dende a Feira do Libro de Viviero á mocidade da Mariña a disfrutar da cultura co Bono Cultural Xove do Goberno

O Ministerio de Cultura ofrece 400 euros para investir en cultura a todos os mozos e mozas que cumpren 18 anos en 2022

Viveiro, 12 de agosto de 2022. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou hoxe á mocidade da Mariña a disfrutar da cultura aproveitando o Bono Cultural Xove que pon a súa disposición o Goberno, que investirá 936.400 euros na provincia nunha iniciativa destinada a apoiar a industria cultural. A subdelegada, que participou hoxe, xunto coa alcaldesa María Loureiro, na inauguración da XXV Feira do Libro de Viveiro manifestou que a Feira do Libro é unha boa oportunidade para comprar libros e facer uso do Bono Cultural, unha axuda implantada polo Goberno para favorecer a industria cultural da que se poden beneficiar na provincia 2.341 mozos e mozas. Isabel Rodríguez destacou que esta axuda tamén servirá para dinamizar o comercio de proximidade nos concellos e, ademais, contribuirá a algo tan importante como é xerar hábitos de consumo de produtos culturas entre a mocidade

Rodríguez informou de que o Ministerio de Cultura facilita un bono de 400 euros para investir en cultura a todos os mozos e mozas que cumpren os 18 anos en 2022. Na provincia de Lugo os beneficiarios potenciais son 1.180 mozas e 1.161 mozos, aos que pediu que aproveiten a oportunidade que lles brinda o Goberno para acceder a produtos culturais do seu interese.

O prazo para a solicitude do Bono Cultural Xove está aberto desde o 25 de xullo e as solicitudes fanse a través de unha web e unha app. Unha vez concedida a axuda, recíbese unha tarxeta prepago vitual para usar a través do móbil que se pode empregar en todas as empresas culturais adheridas ao programa. Todas as entidades interesadas en vender os seus produtos e servizos aos portadores desta tarxeta poden tramitar a súa adhesión ao programa a través da páxina web do Bono Cultural.

O bono está dividido en 3 apartados, para fomentar o acceso a diversas expresións culturais:

-200€ para artes en vivo, patrimonio cultural e audiovisuais

-100€ para produtos culturais en soporte físico como libros, revistas, prensa, videoxogos, discos, partituras, etc.

-100€ para consumo dixital como suscricións a plataformas musicais, audiolibros, prensa dixital, videoxogos en liña, descarga de podcast, entre outros

O Goberno impulsa este novo programa de axudas coa finalidade de revitalizar a dinamizar o sector cultural en España, garantindo a sustentabilidade das industrias culturais e creativas tras o negativo impacto causado pola pandemia da COVID-19; así como de fomentar a accesibilidade universal e diversificada á cultura, promovendo entre os mozos a fidelización que xere o hábito de consumo de produtos culturais.

Exit mobile version