As axendas, que con esta edición, cumpren 4 anos, teñen como obxectivo principal fomentar a igualdade a través de distintos contidos: películas, documentais, webs, blogues, canais, artigos interesantes, mulleres destacadas, ciencia, historia, internet,…con acceso fácil a través dos códigos Qr. Pretende ser un material útil no día a día do alumnado desde infantil ata a universidade, adaptándoa ás disitintas idades e, ao mesmo tempo, ser un punto de inicio para aprender cada día, para descubrir novos contidos na rede, para promover o pensamento crítico.
Como novidade temos que destacar que hai unha nova axenda para este curso, deseñada para as mulleres e homes que participan no Programa de Envellecemento Activo “Activamente” de Alfoz. Maiores de 55 anos que en outubro comezarán tamén o curso no que aprenden, ensinan e sobre todo disfrutan de manterse activos e activas.
Programa de Conciliación Familiar Municipal. CEIP Castro de Ouro. Xa está aberto o prazo de inscrición para os servizos de Madrugadores (de 7:45h a 9:30h), Ocio e Estudo (3h desde o remate das clases) e Inglés (martes e xoves 1h/grupo) que deberá entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ata venres 2 de setembro ou rexistrala en Sede Electrónica. O Programa de Conciliación de Alfoz é totalmente gratuito para os usuarios/as e funciona desde o primeiro ata o último día lectivo. Así o vindeiro 8 de setembro xa poderán facer uso de el as familias que o precisen.
Desde o Concello pensamos que é fundamental, non só ofrecer un servizo tan necesario, senón que éste sexa completamente accesible para os nenos e nenas de 3 a 12 que estudan no CEIP Castro de Ouro, tanto polo número de prazas coma por non supoñer un coste económico para as familias. Tamén é unha oportunidade de relacionarse pois no caso dos concellos rurais coma o noso, moitos nenos e nenas unha vez saen do colexio teñen máis dificultades para compartir tempo de xogo con outros nenos. Ademais en OES (Ocio e estudio) hai tempos para xogar e merendar pero tamén para facer as tarefas, aprender técnicas de estudo e disfrutar con distintas propostas lúdico-educativas en obradoiros de ciencia, igualdade, lectura, etc.
EDM.– As modalidades de Fútbol Campo e Fútbol Sala teñen aberto o prazo de inscrición ata o 2 de setembro. Deberán entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ou en Sede Electrónica. Van dirixidas a nenas e nenos desde Categoría Biberón ( 2018) ata Cadetes (2007/08). Comezarán o luns 5 de setembro en distintos horarios segundo a categoría. As EDM de Alfoz son tamén un servizo gratuito para os usuarios. Pode consultarse toda a información de horarios, así como descargar a ficha de inscrición na web municipal www.concellodealfoz.com (sección actualidade).
Nas vindeiras semanas informarase sobre a modalidade de Patinaxe que comezará no mes de outubro.