O edil ribadense explicou que “nestes días o Concello de Ribadeo comezou coa execución das obras de mellora e acondicionamento exterior da Escola Municipal de Ove, por un importe de case 10.000 euros”.
O concelleiro de Medio Rural dixo que “mais concretamente, estanse a realizar actuacións de pintado exterior do edificio, reparación da carpintería exterior, e acondicionamento de fachadas e baixantes”.
Marcos Villamil subliñou que “o obxectivo que buscamos con estas obras é mellorar a estética e a conservación deste inmoble, tan empregado pola veciñanza, que ademais se atopa no Camiño de Santiago, para que sega sendo funcional para as diversas actividades que nel se organizan”.
O edil nacionalista indicou que “desde o Concello de Ribadeo temos que sinalar que esta é unha mais das accións que estamos a levar adiante, para mellorar a rede municipal de locais coa que contamos, e que nos vindeiros meses se estenderán a outras parroquias”.
Villamil engadiu que “para estas obras o Concello conta cunha axuda de Turismo de Galicia, que xunto con fondos propios, financiarán estas actuacións”.
Os traballos foron supervisados nas últimas horas pola concelleira de Obras e alcaldesa en funcións, Mónica Freire, e polos edís de Cultura e Medio Rural, Pilar Otero e Marcos Villamil.